A historia de aMar

Mellorar a vida doutras persoas, acompañalas e ofrecerlles novas posibilidades sempre foi parte de nós e acabou marcando o noso camiño profesional.

 

O proxecto e o soño toman forma ata converterse nun lugar de vida e recuperación: un Centro no que cada persoa é atendida con humanidade e profesionalidade e experiencia; así nace aMar Neurorrehabilitación e Desenvolvemento.

 

Medra no corazón de Carballo un espazo no que comezan a medrar novas historias.

O noso compromiso

 En aMar, traballamos para que cada persoa:

  • Se sinta acompañada, escoitada e respectada.
  • Desenvolva novas capacidades e fortalezas.
  • Aumente a súa autonomía e mellore a participación no seu entorno.
  • Avance nun proceso terapéutico adaptado, humano e coherente coas súas metas persoais.

Construímos camiños cara unha vida con máis benestar, posibilidades e confianza.


Queres saber quen está detrás de aMar Neurorrehabilitación e Desenvolvemento?

SARA GARDA

TERAPEUTA OCUPACIONAL E COFUNDADORA DE aMar 

  • Graduada en Terapia Ocupacional (Universidade da Coruña) 
  • Especialista en Terapia Ocupacional Aplicada ó Dano Cerebral Adquirido
  • Sexualidade e Dano Cerebral Adquirido
  • Abordaxe da Selectividade Alimentaria en TEA
  • Alimentar e Nutrir en equipo
  • Terapia Ocupacional Infantil en Problemas de Escritura
  • Terapia Ocupacional Infantil no Trastorno do Desenvolvemento da Cordinación
  • "Integrated Sensory Toileting". Tratamento de problemas de Continencia e Uso do Inodoro

CARLOTA RODRÍGUEZ

LOGOPEDA E COFUNDADORA DE aMar 

  • Graduada en Logopedia (Universidade da Coruña)
  • Máster en Logopedia Clínica. Abordaxe en Dano Neurolóxico Adulto e Neurodesenvolvemento Infantil
  • Intervención Logopédica en Deglutición de Neonatos e Primeira Infancia
  • Valoración e Tratamento da Disfaxia Neuróxena en Adultos
  • Abordaxe Integral de Trastornos de Alimentación e Deglutición en Nenos Selectivos: Avaliación e Intervención
  • Integración Sensorial para a Práctica en Atención Temperá e Procesamento Sensorial en Dificultades da Alimentación
  • Alimentar e Nutrir en equipo
  • Frenillo Lingual Alterado: Avaliación e Tratamento
  • Avaliación e Intervención do Respirador Oral
Logo

Necesitamos su consentimiento para cargar las traducciones

Utilizamos un servicio de terceros para traducir el contenido del sitio web que puede recopilar datos sobre su actividad. Por favor revise los detalles en la política de privacidad y acepte el servicio para ver las traducciones.