Servizos
Terapia Ocupacional
É a profesión sanitaria orientada á promoción da saúde e do benestar a través da ocupación, intervindo no desenvolvemento das capacidades da persoa, na adaptación de tarefas e na modificación do entorno.
O obxectivo da Terapia Ocupacional é favorecer a autonomía e independencia da persoa no seu día a día para participar de maneira activa nas diferentes áreas da ocupación, promovendo a calidade de vida:
- Actividades básicas (vestido, hixiene, alimentación...)
- Actividades instrumentais (mobilidade, xestión da saúde, xestión financieira...)
- Educación
- Traballo
- Ocio e tempo libre
- Sono e descanso
- Xogo
- Participación social

Logopedia
É a profesión sanitaria encargada de tratar as dificultades nas áreas da deglutición, fala, linguaxe, comunicación e voz, secundarias a outras patoloxías.
O seu obxectivo é mellorar a calidade de vida das persoas aportando ferramentas e rehabilitando as funcións afectadas nestas áreas esenciais da vida diaria para poder:
- Alimentarse con eficacia e seguridade
- Comunicarse de maneira efectiva en calquera modalidade
- Mellorar a calidade da voz
- Solventar os déficits articulatorios
- Promover o uso e comprensión da linguaxe (oral e escrita)

A quen vai dirixido?
En aMar Neurorrehabilitación e Desenvolvemento prestamos servizo a persoas que presentan dificultades derivadas dunha afectación neurolóxica ou do neurodesenvolvemento e que precisan apoio especializado para mellorar a súa funcionalidade, a comunicación e a participación na vida diaria.
O tratamento aborda de maneira integral as distintas áreas da persoa, entre elas:
- Autonomía nas actividades da vida diaria
- Funcións motoras e sensoriais
- Comunicación, linguaxe, fala e voz
- Funcións cognitivas: atención, memoria, planificación...
- Deglutición e alimentación
- Participación social e adaptación ao entorno

ADULTOS
Ictus (ACV)
Parkinson
Demencias
Esclerose Múltiple
Traumatismo Cranioencefálico
Neuropatías
Enfermidades Neuromusculares
Parálise Cerebral
Lesión Medular
Tumores Cerebrais
Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA)
Parálise Facial
INFANCIA
Trastorno do Espectro Autista (TEA)
Trastorno por Déficit da Atención e Hiperactividade (TDAH)
Ictus Pediátrico
Trastornos da Linguaxe, Comunicación e Fala
Parálise Cerebral Infantil (PCI)
Dislexia, Disgrafía, Discalculia
Retrasos Xeralizados do Desenvolvemento
Alteracións Xenéticas Asociadas a Síndromes e Enfermidades Raras
Enfermidades Neuromusculares
Altas Capacidades